mércores, 29 de xuño de 2022

SEMENTANDO CABAZAS EN INFANTIL

 Cando rematou o Samáin os de 3 anos deixamos secar as sementes de cabaza e durante moito tempo estivemos observándoas e mesmo facendo matemáticas con elas. Ao chegar a primavera decidimos plantalas. Pasamos moito tempo regándoas e coidándoas. Tivemos que clarealas e levar para casa as que non cabían na xardineira e foi pasando un tempo de amorosos coidados ata que nos agasallaron cunhas preciosas flores. Agora quedaron no noso patio a medrar e xa nos derradeiros días do curso puidemos ver as primeiras cabaciñas. Que pequechiñas! Agardamos que cando chegue o outono estean xa moi grandes e poidamos  volver disfrutar do baleirado en Samaín. E volta a empezar!



Ningún comentario:

Publicar un comentario