No mes de outubro aproveitamos a recollida de froitos de outono para plantar as landras e castañas que tiñamos. Con moito agarimo coidamos día a día as nosas plantiñas ata que chegou o Día da árbore. Que mellor xeito de celebralo que levar as arboriñas para casa e seguir coidándoas ali. O noso carballo algún día será grande como lle pasou a Xaime!
Non temos fotos dos de 4 e 5, pero estaban igual de satisfeitos que os amigos de 3 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario