O día 14 de maio, a “mamá” e o “papá” de Inés (Rocío e David) contáronnos en que consisten os seus traballos.
David acaba de aprobar os exames de Policía e explicounos que tivo que estudar moito e facer moito deporte para conseguilo. Moitos parabéns!
Rocío é médica e tróuxonos unha gran variedade de materiais que podemos atopar nun hospital ou nunha consulta médica: fonendoscopios, mascarillas, vendas, guantes…
Os cativos tiveron a oportunidade de saber para que se empregan e puideron manipulalos.
Moitas grazas por esta nova experiencia da que desfrutaron un montón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario