Hoxe estivo Anxo Fariña na nosa biblioteca, e deixounos unha pequena mostra do seu arte. Os nosos alumnos de 5º e 6º pasaron un bo rato na compaña deste gran artista galego, que ademais de escribir e ilustrador e diseñador de libros infantís e xuvenís. O seu estilo de debuxo áxil e sinxelo o plasmou nunha estupenda caricatura, dun alumno de quinto, caracterizado coma un ciberneno.
Tamén nos contou como xurdiu a idea de facer "A chave da Atlántida", a historia do continente perdido. Un día visitando as illas Cies, ao subir a "Pedra da Campá", observou un enorme buraco, coma un portal mirando cara ao Atlántico.
Despois de moitas anécdotas sobre a súa traxectoria como escritor e debuxante, adicounos os exemplares do seu libro.
Foi un verdadeiro pracer compartir ese xoves de abril con Anxo Fariña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario