O 3 de abril veu a noso colexio, Miguel, un biólogo e naturista que leva máis de vinte anos traballando na conservación e divulgación ambiental.
A primeira visita de abril foi para que os alumnos de 6º de Primaria nos acercaramos un pouquiño aos nosos humidais, vendo a súa riqueza ambiental, ademais de promover actitudes de respeto ao entorno natural.
Partindo da colocación de seis paneis verticais sobre insectos dos medios húmidos, anfibios do Concello de Vigo, aves acuáticas e plantas, xunto con dous paneis resumindo os beneficios destes e os pasos para crear unha zona húmida.
Miguel contaxiounos o interese e o respeto pola protección da natureza e prometeu volver ao noso cole para axudarnos a crear un humidal nun recuncho do horto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario