martes, 21 de marzo de 2017

Os nenos e nenas de 1º plantamos bulbos

Como onte chegou a primavera queriamos aproveitar para contarvos que xa hai algún tempiño que os nenos e nenas de 1º plantamos bulbos de galdiolos (a verdade e que houberamos preferido algunha plantiña de couselos, narciosos de río ou algunha outra como as que se dan nas beiras do Miño pero non atopamos ningunha de xeito). Deste xeito podemos ver como crecen as plantas e observar as súas partes e así complementar o tema de ciencias das natureza. Neste vídeo podedes ver o día que os plantamos e algún día que saímos a regalos, a fallarlles para que crezan fortes e sans e mesmo  agarimalos e darlles algún aloumiño. Alí están, crecendo a toda velocidade nun recunchiño moi bonito que temos no patio no que os nosos bulbiños están moi protexidos do frío e dalles moi ben o sol. De seguro que pronto florecen, xa vos contaremos!

1 comentario:

  1. Para nós resulta fundamental o contacto coa natureza e a observación dos seus ciclos. Traballo 'extra' para as profes moi de agradecer pola nosa parte. Grazas!

    ResponderEliminar