sábado, 24 de decembro de 2016
OS REIS MAGOS NO PÁRROCO
Sobre os Reis Magos todos sabemos que veñen na noite do 5 de Xaneiro, pero nestes tempos modernos é doado que un deles colla un avión e veña facernos unha visita para recoller personalmente as nosas cartas e sobre todo preguntar directamente se todo o mundo se portou como se tiña que portar. Eso foi o que fixo o Rei Gaspar, quen escolleu achegarse ata o noso cole o mércores 21 e escoitar as peticións dos nosos nenos. Tódolos pequenos dun en un (ata os de primeiro!) sentáronse no seu colo para sentilo ben preto e darlle unha boa aperta.
Nós os adultos -e tódolos pobos, vilas e cidades de Galicia con nós- temos medrado con esta tradición que nalgúns momentos parece que vai ser engulida por outros personaxes de fóra. Dende aquí invitámosvos a manter acesa "a lús" dos Reis Magos e conserva-lo noso. Invitámosvos a manter a ilusión dos nenos ata o final das vacacións, ainda que teñan alguna cousiña antes para se entreter. Non lles vai facer ningún mal aprender a esperar.! E para xogar sobra o resto do ano!
Velahí tendes as fotos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Totalmete dacordo! A ilusión coa que se vivía a chegada dos Reis Magos enchía de maxia cada día das vacacións de Nadal. Que siga!
ResponderEliminar