mércores, 8 de abril de 2015

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Hoxe, día 8 de abril, os nenos e nenas de 2º fomos á biblioteca para charlar con Elsa (unha monitora do Concello de Vigo ) sobre a igualdade entre os nenos e as nenas. Primeiro limos entre todos o conto "O país dos mandóns" e falamos sobre el. Logo traballamos por grupos nun fermoso mural sobre aquelas accións que promovían a igualdade entre todos nós.
Sempre está ben recordar aquelas cousas que nunca deberiamos esquecer...


2 comentarios:

  1. Un libro moi gráfico da realidade non tan lonxano, por desgraza :-( Nós xa o leramos na casa e deunos pé a moitas preguntas de difícil resposta ... Xenial traballo no cole pola igualdade!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polos teus comentarios sempre tan positivos :-)

      Eliminar