Nada máis chegar xuntámonos todos no "Laboratorio das artes" onde o personal educativo do museo explicounos moitas cousas interesantes sobre creatividade, a arte, os museos...e nós fixémoslles unha morea de preguntas.
Por suposto que tamén visitamos á exposición. Quedamos impresionados coas diferentes obras de arte, esculturas e proxectos que vimos: "A columna sen fin", "O concetto spaziale", "Papá, de mayor quiero ser policía", "Columnas", esculturas de apertas, receitas escritas na parede, etc.
E ata puidemos facer as nosas obras de arte no obradoiro de "Pratos combinados" sacando de dentro de nós a arte que todos levamos dentro.
Aquí vos deixamos una recompilación de fotiños para que vexades que ben o pasamos.
Aburiño!
En verdade, resultou unha experiencia fascinante para eles. ¡Estupenda saída extraescolar!
ResponderEliminar