venres, 4 de maio de 2012

Visita de Jacobo Fernández

O martes, día 24 de abril, visitounos na escola o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Todos os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo estabamos emocionados esperando a súa chegada e non deixamos de prestar atención a todo o que nos contou... Falounos das súas historias "A gardería de dona Bixelmina" e "Formigas de pedra", da súa nenez sempre vencellada aos libros, das súas inspiracións e motivacións para escribir... Ensinounos tamén ilustracións orixinais dos seus contos e asinounos cunha dedicatoria especial os nosos exemplares. Non podemos esquecer o agasallo que nos fixo, dúas ilustracións de personaxes moi coñecidos para nós: a dona Bixelmina e a nosa pequena amiga a formiguiña.







Ningún comentario:

Publicar un comentario