luns, 6 de decembro de 2010

O NOSO MAGOSTO

Polo San Martiño castañas e viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
San Martiño vai ao magosto e mata o porquiño.

   Coa festa do magosto recordamos que a castaña era a base da alimentación en Galicia antes de que chegaran, no século XVI, a pataca e o millo desde América.  A castaña empregábase na cociña tanto fresca como seca ou moída en forma de fariña.
   O 12 de novembro, despois do san Martiño, celebramos o noso magosto particular.  Asamos as castañas e as metemos nun pequeno "bolsiño" que fixemos na clase con cartóns de leite e tiras adhesivas.  Outros fixeron cucuruchos e pegáronlle viñetas de comics.  Esperamos que vos guste o noso magosto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario