Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2026

QUIÑONES DE LEÓN

O pasado venres tivemos a gran oportunidade de visitar o Museo do Pazo Quiñones de León, situado no parque de Castrelos.

Foi unha experiencia enriquecedora que combinou historia, arte e natureza. Tivemos a oportunidade de descubrir quenes habitaron o pazo e como era a vida nese lugar imaxinando cada estancia da casa grazas ao mobiliario histórico. E, por sorte, non desaproveitamos a ocasión e percorremos tamén os elegantes xardíns que rodean o pazo.

Sen dúbida, unha actividade de interese pola achega ao patrimonio cultural da nosa contorta, espertando en todos nós a curiosidade e o respecto pola historia local nun entorno único e inspirador.



venres, 7 de xuño de 2024

DETECTIVES NA ARTE

 No día de onte, o alumnado de 3º e 4º puidemos redescubrir a arte nunha auténtica misión no Museo de Pontevedra. Pasamos de ser simplemente espectadores a verdadeiros detectives 🕵 🕵‍♂🖼🎨👩🏽‍🎨🧑🏼‍🎨

Cos nosos cadernos 🗒 e os ollos ben abertos 👀, fomos descubrindo obras e artistas. Pintura, escultura, figurativa ou abstracta. Todas elas transmitían algo que espertaba sensacións en nós 💞

Unha xornada lúdica que pon fin ao noso curso de educación artística 🖌



mércores, 15 de maio de 2024

TRAVESÍA POLA RÍA DE VIGO E VISITA ÁS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN - 4º, 5º E 6º E.P.

 A xornada de onte foi moi especial para os grupos de 4º, 5º e 6º de educación primaria, pois puideron gozar dunha travesía en barco pola Ría de Vigo e dunha visita guiada ás Illas de San Simón e San Antón 🏝️🌊⛴️

É sorprendente a historia que pode estar agochada nas zonas que temos ao noso arredor e todo o que podemos descubrir se temos os nosos sentidos ben alerta 👀👂🏼

Moitísimas grazas as nosas guías por mergullarnos no pasado da illa e descubrirnos cada recuncho. 🙏🏼🥰

Vídeo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/183etpTfu6g9SwMCWfLlCCJHRVUsRBkSH/view?usp=drive_link













martes, 7 de maio de 2024

VISITA Á FORTALEZA E TÚNELES DO CASTRO - 3º E 4º E.P.

O pasado venres, o alumnado de 3º e 4º de primaria visitamos a fortaleza e os túneles do Castro. 

Unha saída na que puidemos mergullarnos na historia da nosa cidade e nos mecanismos de defensa de épocas pasadas. 

Puidemos meternos na pel dos soldados movéndose polas antigas galerías soterradas baixo a fortaleza, así evitaban ser vistos ou atacados. 

Tamén descubrimos como se foi mellorando co paso do tempo esta estrutura militar, pois sufriu cambios e múltiples modificacións ao longo da súa historia. 

Ata chegar á actualidade, na que podemos gozar dos paseos deste parque con vistas á Ría de Vigo.


Unha maior calidade na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1NL2fe4hgbnFGfMv5eqlDXOphGglctf6e/view?usp=sharing



domingo, 28 de abril de 2024

VISITA AO ARBORETUM FUNDACIÓN SALES

 O pasado venres os nenos e nenas de infantil e primeiro gozamos dunha fermosa experiencia nos xardíns da fundación Sales, no arboretum. Durante varias horas puidemos observar árbores, plantas e algúns animais nunha contorna harmoniosa e dunha gran beleza. Escoitamos as explicacións que nos deron sobre as distintas especies, demostramos o que nós xa temos aprendido no noso PDI, tocamos as distintas texturas das plantas, gozamos coas especies acuáticas, xogamos nun bosque de bambúes e puidemos decorar unha maceta biodegradable e plantar a nosa propia leituga.

Foi outro xeito de gozar do bosque e mailos seres vivos e seguir concienciándonos da súa importancia para a vida e para a nosa felicidade. Moitas grazas ás monitoras que nos acompañaron e nos amosaron unha chea de marabillas!



mércores, 10 de abril de 2024

5ºE 6º NOS MONTES DE COMESAÑA. Charla e plantación

Hai algunhas semanas os nenos e nenas de 5º e 6º aprenderon moitas cousas sobre os montes de Comesaña e sobre a importancia da reforestación nunha charla organizada pola comunidade de montes na escola. Despois puxeron tamén mans á obra subindo ao monte e practicando o aprendido. Plantaron varias especies autóctonas, Secuoia vermella, araucaria e almez, para seguir facendo medrar os bosques da nosa contorna e enchelos de biodiversidade. Foi unha estupenda actividade de concienciación sobre os coidados que temos que dar aos nosos montes e as esperanzas de recuperación tralos lumes.
 

 


martes, 19 de marzo de 2024

3º e 4º no concerto VOCASÓNS


Este luns, 18 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata o Auditorio do Concello de Vigo para asistir ao concertoVOCASÓNS da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD).

Gozamos dun concerto dos mestres e mestras da ETRAD. Algúns dos instrumentos que puidemos ver e escoitar son: a arpa céltica, o acordeón, a gaita, varios instrumentos de percusión tradicional, o violín folk e a zanfona. Sen esquecer as grandes voces do canto popular. 

Neste ratiño achegámonos e sentimos os ritmos, xéneros e melodías da nosa cultura musical. Tamén descubrimos que as palabras son protagonistas en todas as músicas do mundo. As palabras dan nome aos ritmos cos que bailamos, tocamos e cantamos. E, ademais, teñen unha historia que nos contar.

Foi unha bonita forma de comezar a semana, cantando e acompañando coas nosas palmas! 👏👏



xoves, 7 de marzo de 2024

1º e 2º en Alcampo - Coia

O alumnado de 1º e 2º fixo a súa primeira visita a Alcampo, situado en Coia, para coñecer 
o funcionamento deste hipermercado. Percorremos os diferentes corredores, poñendo 
máis atención nas froitas e verduras, así coma na peixería, para coñecer produtos non tan 
comúns nas nosas casas, así como as peculiaridades de determinados peixes e mariscos. 
Unha vez colocados os delantais e cubrebocas accedemos á parte destinada aos traballadores, 
na que se preparan os produtos para a súa venda ao público. Compartimos momentos cos 
panadeiros, que estaban afanados entre tanta fariña, así como coa sección de carnicería, na 
que vemos como traballaba o carniceiro e os seus axudantes, e o empaquetado e etiquetado
posterior. Agasalláronnos cunha pequena merendola que desfrutamos, antes de marchar, 
moi contentos por esta nova experiencia. 




 

sábado, 2 de marzo de 2024

Exposición COMEDY WILDLIFE

 O alumnado do 1º ciclo visitou unha exposición fotográfica situada no Teatro Afundación de Vigo, que resultou ser moi divertida, e máis aínda, entrañable. Contemplaron fotografías feitas a un variado grupo de animais, coma mapaches, tartarugas, pingüíns..., de tódolos continentes.

As imaxes, tomadas a través de cámaras trampa, captaron situacións cómicas e graciosas, que fixeron aos nosos nenos asombrarse, rir e incluso bailar!

Remataron a visita cun pequeno obradoiro no que fixeron un xabón, con forma animal, que levaron encantados, sabendo que é moito mellor utilizar este formato que non o líquido, polo envase plástico.

Entenderon así, a importancia de coidar os nosos ecosistemas, xa que temos que compartir espazo con outros seres vivos.




venres, 1 de marzo de 2024

ELAS FAN TIC.

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA E DÍA DA MULLER

 

     O venres 1 de marzo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria visitamos a escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) para participar no obradoiro "Elas fan Tic", unha nova actividade para fomentar novas vocacións tecnolóxicas dos nenos e axudar a reducir a brecha dixital de xénero.

      Neste obradoiro de iniciación á robótica de hora e media de duración, equipos de 2 e 3 escolares montaron un pequeno robot (CuteBot) e programárono para superar un reto; tarefa na que contaron coa axuda dun equipo de alumnos e alumnas da escola.

     O obxectivo desta actividade tan interesante é animar as nenas e rapazas a orientar os seus estudos e profesións ao campo das carreiras tecnolóxicas.




sábado, 3 de febreiro de 2024

TEATRO EN INGLÉS

Trouble in the jungle foi a obra de teatro en ingles que gozaron os nenos e nenas de 5º e 6º no teatro García Barbón. Nos días previos prepararon a obra na aula. Aquí podedes velos nestas fotos e vídeos.
Cando chegou o día, no teatro, os actores escolleron algúns nenos do publico para interactuar.  Mara foi a escollida



Cando chegou o día, os actores escolleron algúns nenos do público para interactuar. Mara foi a escollida.


domingo, 26 de novembro de 2023

VAIA RITMO!

 O xoves 23 de novembro, o alumnado do 1º ciclo acudiu ao Auditorio do Teatro Afundación para disfrutar da proposta musical "VAIA RITMO!", de Odaiko Percussion Group.

A través da percusión, o público infantil puido improvisar, rir, saltar, bailar e acompañar o espectáculo con moitas, moitas palmas. 

A saída ao centro de Vigo resultou ser moi agradable e, ao mesmo tempo, os nenos puideron ver xa un pouco, do despliegue navideño que se está preparando polas rúas, ante a chegada do Nadal.














sábado, 4 de novembro de 2023

1º E 2º DE PRIMARIA COÑECEN AOS BOMBEIROS DE VIGO

O venres 3 de novembro os pequenos de primaria desplazáronse ata as instalacións do Parque de Bombeiros de Teis, que debido as inclemencias meteorolóxicas que sufrimos estes días, estaban moi atarefados.

O seu día a día enganchou rápido ao alumnado: os turnos que fan na organización das saídas, os diferentes cascos e os seus usos, trucos para colocarse no menor tempo posible a vestimenta en caso de emerxencia…
Tamén se decataron do importantísimo labor que fan, e o risco ao que se expoñen en cada emerxencia á que acoden, arriesgando as súas vidas.
Xa na despedida, os bombeiros animaron aos nenos a estudiar e traballar moito, xa que así estarán máis preparados ante todo o que se propoñan na súa vida.
As mestras queremos agradecer a implicación que tiveron co noso alumnado na visita, a pesar do moito traballo que están tendo estes días.




martes, 23 de maio de 2023

1º, 2º e 3º coñecen o Castelo de Soutomaior


Pedro Madruga convertiu a fortaleza de Soutomaior no seu centro de operacións nas loitas de poder na Galicia da Idade Media. A través da súa historia o alumnado coñeceu diversos rincóns do castelo e ata disfrutou dun corto no que se explicou as contiendas que mantivo cos Irmandiños. Por suposto, tamén coñeceron a posible teoría de que o propio Madruga fose Cristóbal Colón, así que imaxinade a sorpresa que levaron os nenos!

Correron e saltaron durante unhas horas polo impresionante parque botánico que embelece o castelo, e mesmo fixemos unha pequena andaina para coñecer ben o xardín histórico. A través de xogos, risas e comida cos compañeiros, tiveron a sorte de sair por unhas horas do centro e descubrir novas emocións ante a inminente chegada do verán. 

Aquí podedes ver as fotos deste gran día... a ver se vos atopades!

venres, 19 de maio de 2023

A PRAZA DE ABASTOS DE BUEU

 O venres 19 de maio os alumnos de 5º e 6º visitamos o porto, a lonxa e o mercado de Bueu.  Explicáronnos as diferentes actividades que se levan a cabo nunha xornada habitual.  Rematamos tomando unha merenda mariñeira.



luns, 13 de marzo de 2023

NAUTILUS. 20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

 O xoves, día 9 de marzo, as nenas e nenos de 3º e 4º da escola fixemos unha saída ao teatro de Afundación en Vigo para ver a obra Nautilus 20000 leguas de viaje submarino. Resultou unha proposta orixinal baseada na clásica novela de aventuras de Julio Verne, cunha lectura comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.

domingo, 12 de marzo de 2023

MÚSICA NO MARCO: UNHA VIAXE POR LAXEIRO

 O venres 10 de marzo, os nenos e nenas de 2° de Primaria asistiron ao concerto didáctico "Unha viaxe por Laxeiro" no Museo de Arte Contemporáneo  de Vigo. Consistiu nun percorrido sonoro e visual polas salas da exposición de Laxeiro, a cargo de profesorado da EMM Escola Municipal de Música en colaboración  coa área de Didáctica do MARCO. Foi moi interesante e pasárono moi ben!








venres, 10 de marzo de 2023

CHARLA SOBRE A RECONQUISTA DE VIGO

  O 8 de marzo tiñamos un roteiro polo casco histórico da nosa cidade sobre “A Reconquista “ para recordar a fabulosa fazaña de botar ao exército francés fóra da nosa vila durante a Guerra da Independencia, pero como a mañá foi moi chuviosa , tivemos que conformarnos coa visita dun historiador que sabe moitísimo sobre o tema e un soldado francés moi simpático que se colou no noso colexio.



luns, 27 de febreiro de 2023

SAÍDA NATURNOVA 3º E 4º

 O venres, día 24 de febreiro, as nenas e nenos de 3º e 4º do cole fixemos unha saída didáctica ao centro de educación ambiental de Naturnova. A idea era completar un desafío composto por unha serie de preguntas, ás que tiñamos que dar resposta interactuando con todo o material disposto polas distintas salas que íamos visitando.

A verdade é que todas eran moi interesantes, pero mirar os fondos mariños nun pequeno submariño con lentes 3D, observar o ciclo da auga con realidade virtual, ou mesmo ver dinosauros correndo a nosa beira grazas á realidade aumentada foi algo incrible, alucinante!

Quedamos con gana de máis...



domingo, 26 de febreiro de 2023

INFANTIL NO MUSEO DO MAR

 Mesmiño ca os nosos compañeiros de 1º e 2º, nós quixemos ver cos nosos propios ollos moitos dos  peixiños cos que estamos a traballar e vemos xa no mural do cole. Dito e feito, collemos emocionados o autobús e marchamos para aló. Non fomos sós. Canda nós viñeron o compañeiros de 5 anos. Eles mesmos contaránvolo.

Para moitos de nós era a primeira vez que viaxabamos no bus e que iamos a un museo. Cando chegamos alí descubrimos que había moitas cousas interesantes que ver e puidemos observar e tocar as cunchas deses moluscos que coñecemos, aprender cousas sobre o seu medre no mar e contar os dentes dos tiburóns!!. Mimá!  Tiñan 3 ou catro filas de dentes!!. Ademais puidemos ver un enorme dente de megalodón. O acuario tamén foi xenial observando como ían e viñan tiburóns, raias e enormes peixes. A maragota e a robaliza  viñéronnos saudar. O boi saudou dende o alto dunha rocha. Ben sabían eles que estiveramos a aprender cousas sobre a súa vida! Antes de marchar os pequenos de 3 e 4 puidemos ver en directo como unha das tiburonas poñía un ovo. Díxonos Itziar, a nosa monitora, que era cousa moi dificil de ver. Que sorte tivemos!