Amosando publicacións coa etiqueta día da muller e a nena na ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da muller e a nena na ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Celebramos este 8 de marzo, Día internacional da muller, traendo ó noso cole e coñececendo un pouquiño polo miúdo, a mulleres de distintos eidos da sociedade e a cultura. Foron entrevistas e encontros na nosa biblioteca que nos achegaron á súa vida e ó seu traballo. Elas amósannos que todas (e todos) podemos.

 Deixamos a continuación esta entrevista na que participamos todas as alumnas e alumnos do centro. Estas son as nosas preguntas á campioa paralímpica en triathlón  SUSANA  RODRÍGUEZ  GACIO,  unha muller digna de admirar, imitar e tomar como exemplo, tanto polo seu esforzo, capacidade de superación, adaptación e, por suposto, polos seus éxitos. 

 Grazas, Susana, por compatir este intre con nós ainda que fose dende a distancia.

Tivemos tamén o honor de  contar con Betty León Fong, científica e investigadora. Foron os nenos e nenas de 5 anos quen fixeron a invitación para que viñese á nosa biblioteca. Unha gran tarefa para este grupiño de infantil. Xuntos resolvérona con moito éxito.


 Grazas a Betty faisenos visible o relevante papel  das mulleres na ciencia. Ela agasallounos cunha amena conferencia para todo o alumnado, adaptada as súas idades e con pequenos experimentos que nos deixaron coa boca aberta. 

Grazas, Betty, por compartir o teu tempo con nós.


Pero a actividade continúa e esta mesma semana teremos a oportunidade de coñecer a dúas deportistas, as futbolistas Aida Samper e Judith Gallardo. Enseguidiña poderemos contárvolo todo!. 



mércores, 12 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Este mércores, día 12 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º do cole visitamos as instalacións de Naturnova para aprender sobre algunhas das mulleres pioneiras no campo científico: Maude Delap, Antonia Ferrín, Minia Manteiga, Anne Innis Dagg, Katia Kraff, Mª José Sánchez e Nzambi Matee… Mulleres valentes e teimudas que abriron unha chea de camiños para todas nós. Mil grazas!





Día internacional da muller e a nena na ciencia

Onte foi unha data na que se recoñece a importancia da igualdade de xénero e a inclusión das mulleres no mundo da ciencia e a tecnoloxía. Polo que os nenos/as de 1º realizaron un mural sobre a primeira muller en recibir dous Premios Nobel en diferentes disciplinas, "Marie Curie".







venres, 1 de marzo de 2024

ELAS FAN TIC.

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA E DÍA DA MULLER

 

     O venres 1 de marzo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria visitamos a escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) para participar no obradoiro "Elas fan Tic", unha nova actividade para fomentar novas vocacións tecnolóxicas dos nenos e axudar a reducir a brecha dixital de xénero.

      Neste obradoiro de iniciación á robótica de hora e media de duración, equipos de 2 e 3 escolares montaron un pequeno robot (CuteBot) e programárono para superar un reto; tarefa na que contaron coa axuda dun equipo de alumnos e alumnas da escola.

     O obxectivo desta actividade tan interesante é animar as nenas e rapazas a orientar os seus estudos e profesións ao campo das carreiras tecnolóxicas.