Un ano máis seguimos a traballar en prol da saúde e os bos
hábitos alimenticios desde a nosa escola estudando e comprobando cos nosos
alumnos o valor da froita na nosa dieta diaria. Así, dentro do Plan Proxecta, estes días repartíronse varios
tipos de froitas nos recreos entre os nenos, compartindo uns intres moi saudables e coñecendo un pouquiño mellor os beneficios destes marabillosos alimentos.
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 2 de febreiro de 2020
FROITA NA ESCOLA
Etiquetas: tradición oral, tics
2019-20 Saídas,
Froita na escola,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta
xoves, 31 de outubro de 2019
RECURSOS SOBRE FROITOS DE OUTONO E MAGOSTO
COÑECENDO...A CASTAÑA
OUTROS FROITOS DE OUTONO
PAPANDO O OUTONO
Escoitamos os nenos do cole de cea falando das características dos froitos de outono.
O castiñeiro.
O CASTIÑEIRO
OUTROS FROITOS DE OUTONO
PAPANDO O OUTONO
Escoitamos os nenos do cole de cea falando das características dos froitos de outono.
FICHAS PARA COMPLETAR
O MAGOSTO. VÍDEO
ADIVIÑAS, REFRÁNS E POEMAS
CANTIGA POPULAR DE MAGOSTO
AQUI TÉMO-LO MAGOSTO
QUE VIVA A FESTA RACHADA
OS MENIÑOS DESTA ESCOLA
Etiquetas: tradición oral, tics
ENDL,
outono,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta
CELEBRÁMO-LO SAMAÍN
Tiñamos poucos días nesta semana para os preparativos, pero os aproveitamos ben. Un pouquiño de decoración por aquí, uns disfraces por alá e... veña! imos tallá-las caveiras e contar contos que é o importante destas festas!. Claro que o tempo non acompañou e non puidemos lucir ben os traxes que trouxemos ao cole.
Deixamos aquí as primeiras fotos dalguns momentiños da semana á espera de xuntar unhas pouquiñas máis.
Deixamos aquí as primeiras fotos dalguns momentiños da semana á espera de xuntar unhas pouquiñas máis.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Respondendo á petición dos mouchiños, moitas familias esforzáronse en levar a temática do noso PDI deste curso "Dándolle unha volta ao planeta"á decoración das súas cabazas . Se vos fixades poderedes apreciar detalles que non se miran ben a primeira vista. Noraboa a tódolos participantes!.
Moitas cabazas poderán continuar connosco unha tempada formando parte da "mesa de outono" na que moitos tamén participades. A outras pronto lle chegará "o seu San Martiño". Pero non vos preocupedes... é o que teñen os froitos da horta. Ainda así, volverán o ciclo natural axudando na compostaxe a poñer freo o cambio climático (outro dos nosos grandes obxectivos para este curso). A obra dos nosos pequenos e grandes colaboradores seguirá presente nas fotos que gardamos como lembranza do feito. Así que adicádelle un chisquiño do voso tempo a desfrutar co que todos fixestes.

COLABORACIÓN FAMILIAS,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta,
Samaín
xoves, 17 de outubro de 2019
ÁRBORES DE NOSO PARA COMEZAR O TRABALLO
Un freixo e un bidueiro veñen de chegar ao noso cole da man da Comunidade de Montes de Santo André. Son dúas árbores máis na nosa familia que van servir para lembrarnos a todos os terribles lumes do 2017. Son dúas esperanzas máis neste camiño de recuperación da paisaxe. Dúas árbores caracteristicas de Galicia que sempre se usaron para axudar nos labores tradicionais e que sempre medran preto das zonas húmidas como a nosa.
Os nenos de infantil e Primaria acompañaron a Alexandra de 2º, Guille DE 5º e mailo seu avó nunha plantación que quería simbolizar ao traballo man con man de varias xeracións de coidado do noso.
Agora nós temos o deber de continuar co que os nosos devanceiros comezaron hai moito tempo, o coidado responsable e sostible da nosa terra.
Os nenos de infantil e Primaria acompañaron a Alexandra de 2º, Guille DE 5º e mailo seu avó nunha plantación que quería simbolizar ao traballo man con man de varias xeracións de coidado do noso.
Agora nós temos o deber de continuar co que os nosos devanceiros comezaron hai moito tempo, o coidado responsable e sostible da nosa terra.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ciencia,
Coeducación,
contratos programa,
ENDL,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta
mércores, 19 de xuño de 2019
MIGALLAS EN CONCERTO
Un goce foi desfrutar, nesta mañá de mércores, a piques de rematar a nosa andaina, do bó facer do grupo Migallas. Diversión en galego e aprendendo con eles moitas cousiñas que forman parte do noso patrimonio e non se poden perder.
Tamén un pouquiño de autocrítica neste século tan tecnolóxico, no que manter os valores tradicionais (moitos deles) e as boas relacións entre nós, é tan importante.
Pero o mellor foi estarmos xuntos cantando cancións que forman parte do noso universo musical, en especial dos máis pequenos.
Tamén un pouquiño de autocrítica neste século tan tecnolóxico, no que manter os valores tradicionais (moitos deles) e as boas relacións entre nós, é tan importante.
Pero o mellor foi estarmos xuntos cantando cancións que forman parte do noso universo musical, en especial dos máis pequenos.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
PLAMBE 2018-19,
Plan Proxecta
luns, 17 de xuño de 2019
FROITA NA ESCOLA II
Un ano máis no noso centro apostamos por traballar hábitos
de vida saudable en torno á nutrición humana aprendendo sobre a dieta, as
propiedades dos alimentos e a súa correcta combinación en función das
características persoais e, como non, introducindo no noso día a día a froita,
alimento san e fundamental para manternos saudables. Aquí deixamos as
fotos das xornadas de froita que
tivemos ao longo do mes de xuño no cole.
Etiquetas: tradición oral, tics
curso 2018-19,
Plan Proxecta
xoves, 13 de xuño de 2019
OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA PLANTAMOS MOITO
Os alumnos e alumnas de Primaria plantamos moito. Para iso usamos as macetas que nos serveron de alcouve. A sementes eran de: espinacas, pirixel, tomillo, lavanda, apio... Como tamén gústanos ter o colexio cheo de flores, botamos uns claveis chinos e uns pensamentos. Agora só ten que vir moito sol para que crezcan e nós darlle un pouquiño de beber.
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
Plan Proxecta
EN PRIMARIA CULTIVAMOS O NOSO HORTO
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA CULTIVAMOS O NOSO HORTO
Xa chegada a primavera, un ano mais plantamos na nosa horta leitugas, tomates, pementos e cabazas. Así aprendemos o saludable que é comer verduras, ademáis de incluilas na nosa dieta. As do noso colexio son totalmente ecolóxicas e ademáis as coidamos con moito agarimo.
Tamén temos un colexio con árbores frutais: cereixas, ameixas, laranxas, pexegos…
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
Plan Proxecta
martes, 11 de xuño de 2019
Allos, patacas e cebolas
Ás veces preséntanse novas ocasións...
Ás veces facémonos preguntas para contestar as cousas máis sinxelas:
Ás veces facémonos preguntas para contestar as cousas máis sinxelas:
- Como nacen os allos?
- Como podemos sementar cebolas?
- E as patacas, como se reproducen?
- Non conseguimos nada co allo. Sospeitamos que temos que enterralo para conseguir unha nova planta.
- A cebola colocámolo nun recipiente de boca ancha con auga. Co paso do tempo empezou a botar ramada verde e as súa raíces creceron cara á auga. Ao mesmo tempo a cebola íase chupando e consumindo: empregaba todas as súas reservas no crecemento de follas e raíces. Agora xa vai secando. Sen dúbida teriamos que metela na terra para conseguir que botara flor e sementes.
- Ca pataca pasou algo parecido: vaise consumindo e a súa pel engúrrase ao mesmo tempo que bota pequenas ramas. Tamén deberiamos plantala para que continuara co seu desenvolvemento.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Plan Proxecta
mércores, 13 de febreiro de 2019
FROITA NA ESCOLA
Neste segundo trimestre tivemos a primeira quenda de "Froita na escola" dentro do plan Proxecta no que somos uns expertos. Foron dúas semanas nas que trocamos o noso bocadillo e algunha lambetada por unhas riquísimas e variadas froitas. Estas son as imaxes que nos deixaron estas xornadas cheiñas de plátanos, amorodos, tanxarinas e por vez primeira o Kiwi. Esta froita foi un éxito co que non contabamos.
Etiquetas: tradición oral, tics
curso 2018-19,
Froita na escola,
Plan Proxecta
domingo, 17 de xuño de 2018
PATIOS DIVERTIDOS E INCLUSIVOS: CONTRATOS PROGRAMA
O NOSO PROXECTO DE PATIOS DIVERTIDOS E INCLUSIVOS:
Ao longo deste curso solicitamos un Contrato Programa para mellorar os nosos patios: que fosen máis divertidos, inclusivos e que non houbese lugar a problemas de convivencia. Empezamos por facer pequenos arranxos nos patios, aínda que se nos retrasou un pouquiño porque non paraba de chover e as obras eran no exterior. En canto o tempo deu unha tregua, viñeron sacar unhas barreiras arquitectónicas do patio, e, sobre todo, alisar os nosos muros para despois poder pintalos. Ao mesmo tempo, mercamos algún material e fixémonos con xogos novos, libros para facer unha bibliopatio, plásticos para poñer no chan e xogar aos xogos de mesa (xadrez, damas, memory...) ou ler, algunha casiña para o patio de Infantil. Todo isto era supervisado polos propios alumnos. Seguimos coa nosa biblioteca aberta dous días no recreo para facer actividades de contacontos, martes de xogos e algún taller como o de papiroflexia, levado polos nenos. Este foi o noso "comezar a andar", posto que aínda nos queda moito camiño por percorrer. Durante o verán continuaremos coas nosas pequenas reformas nos patios, para darlles un mellor e máis divertido uso.

PLAMBE,
Plan Proxecta
O NOSO HORTO ESCOLAR
OS ALUMNOS DO CENTRO PLANTAMOS NO COLEXIO
Os alumnos do Centro puxemos de novo a funcionar o horto escolar. Este curso fíxose un anaquiño máis tarde que de costume, pero... é que non paraba de chover. Aínda así, comezaron os alumnos de E. Infantil plantando flores na xardineiras do seu patio, as cales coidan todos os días. Deseguido, os alumnos de Primaria fixemos unha plantación de diferentes especies: lavanda, romeu, pirixel, pensamentos, tulipáns e algún alcume de leituga, pementos e tomates. Unha semana despois, comezamos a baixar ao horto os diferentes curso e plantamos: leitugas, feixóns e tomates. Na última semana do curso escolar xa recolleremos as leitugas, que están ben fermosas.
Con todo este traballo, familiarizámonos con flores diferentes e aprendemos hábitos de comida saudables cos vexetais que temos no noso horto. Ademais, a nosa plantación é totalmente ecolóxica.
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
PLAMBE,
Plan Proxecta
xoves, 8 de marzo de 2018
VISITOUNOS O CELTA FEMININO DE BALONCESTO
OS NENOS E NENAS DE 4º XOGAMOS AO BALONCESTO CO CELTA FEMININO
Os nenos e nenas de 4º recibimos a xogadoras e adestradores do Celta Feminino de Baloncesto. Contáronnos como adestran, cantas horas, como empezaron a practicar este deporte...
Despois tamén fixemos un pouco de adestramento con elas e unha morea de xogos. Pero unha das cousas máis importantes que aprendimos con eles foi que é moi importante a práctica do deporte, pero sempre adicándolle o seu tempo ao estudo. As dúas cousas teñen que ir unidas.
Os nenos e nenas de 4º recibimos a xogadoras e adestradores do Celta Feminino de Baloncesto. Contáronnos como adestran, cantas horas, como empezaron a practicar este deporte...
Despois tamén fixemos un pouco de adestramento con elas e unha morea de xogos. Pero unha das cousas máis importantes que aprendimos con eles foi que é moi importante a práctica do deporte, pero sempre adicándolle o seu tempo ao estudo. As dúas cousas teñen que ir unidas.
Etiquetas: tradición oral, tics
contratos programa,
Plan Proxecta
mércores, 14 de febreiro de 2018
Sementamos tulipáns en 2º
Hai algún tempiño que está circulando polas aulas o libro viaxeiro "A volta ao mundo en 80 contos". Os mouchiños pedían nunha carta que fixeramos unha adaptación dun dos seus contos. Os de segundo, que somos moi ben mandados e moi apañados, puxémonos axiña máns a obra. (Veredes o resultado de todo o traballo conxunto cando pase por tódalas aulas no blogue de biblioteca)
O conto que escollimos foi: "Hans ou heroe de Haarlem". Pero antes de facer a nosa versión do conto había que investigar algunhas cousiñas. Deste xeito descubrimos que a historia transcorría en Holanda, e claro edmpezou a chegar información dese país, dá cidade, de pintores, dás súas paisaxes, canais, muíños e campos de tulipáns......

Así que o pasado mércores aproveitando que saíra o sol, saímos a un recunchiño do patio a sementar os nosos tulipáns e aproveitar para cumplir coa nosa promesa e así facer a nosa achega contra o cambio climático.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
PLAMBE (PDI),
Plan Proxecta
xoves, 8 de febreiro de 2018
Froita na escola en xaneiro
No Párroco seguimos fomentando o hábito de consumir froita para acadar unha dieta saudable e equilibrada. Desta vez foron dúas semanas, do 29 de xaneiro e ata o 2 de febrero nos que almorzamos cada día: mandarinas, plátanos, mazás e peras. Aquí deixámosvos aunhas pouquiñas fotos do que foron eses días ou máis ben do que aínda son xa que aínda hai froita estes días no colexio e ata que se esgote a teñen a disposición os nenos e nenas na hora do recreo.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
Froita na escola,
Plan Proxecta
xoves, 22 de xuño de 2017
OS ALUMNOS DE 3º A E 3º B VISITAMOS A HORTA
Os alumnos de 3º A visitamos a horta e plantamos tomates e os de 3º B plantamos pementos. Fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta, botámoslle terra por riba e despois a regamos, É agora a crecer.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123450292kP477866169o2l1/horto-escolar-3ab
Os alumnos de 3º A visitamos a horta e plantamos tomates e os de 3º B plantamos pementos. Fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta, botámoslle terra por riba e despois a regamos, É agora a crecer.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123450292kP477866169o2l1/horto-escolar-3ab
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
Plan Proxecta
O mel en 1º, 2º, 3º e 4º de primaria
Onte as nenas e os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria acudimos, en diferentes quendas, a unhas charlas sobre o mel.
Beatriz explicounos as diferenzas entre as abellas e as avespas asiáticas, o perigosa que é esta especie invasora para a produción do mel en particular e para o ecosistema en xeral xa que as avespas asiáticas matan ás abellas.
Aprendemos como elaboran as abellas o mel e como é o proceso de recollida da mesma dende as colmeas ata a súa distribución e venda.
Algunha ata tivo a sorte de vestirse como unha auténtica apicultora.
E como é ben sabido que somos uns larpeiros, ao finalizar a sesión agasalláronnos a cada un de nós cun tarriño de doce mel!.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
Plan Proxecta,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
luns, 19 de xuño de 2017
OS ALUMNOS DE 1º PLANTAMOS BRECOL
Durante o inverno, os alumnos de 1º plantamos brecol no noso horto escolar. Primeiro fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta e recheamos con terra. Finalmente regamos e agora a crecer.
Durante o inverno, os alumnos de 1º plantamos brecol no noso horto escolar. Primeiro fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta e recheamos con terra. Finalmente regamos e agora a crecer.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Horto escolar,
PLAMBE,
Plan Proxecta
venres, 19 de maio de 2017
O sabor da aventura está no mar en infantil e en primaria
A pasada semana todo o colexio participamos en diferentes quendas nos obradoiros "O sabor da aventura está no mar".
Os primeiros en acudir o martes 9 de maio foron os máis pequerrechos do colexio, os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil. A continuación foron os de 6º de infantil e 1º de primaria.
O mércores 10 de maio continuaron os obradoiros participando en tres quendas distintas, 2º e 3ºA, logo 3ºB e 4º e por último os maiores de 5º e 6º.
Nesta ocasión a actividade foi no ximnasio onde un mariñeiro, una peixeira e una bióloga explicáronnos da man duns personaxes moi curiosos chamados "arroases" moitas cousiñas sobre a pesca, a distribución e a venda de peixe.
Aquí podedes ver as fotos do que foron as distintas sesións.
Os primeiros en acudir o martes 9 de maio foron os máis pequerrechos do colexio, os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil. A continuación foron os de 6º de infantil e 1º de primaria.
O mércores 10 de maio continuaron os obradoiros participando en tres quendas distintas, 2º e 3ºA, logo 3ºB e 4º e por último os maiores de 5º e 6º.
Nesta ocasión a actividade foi no ximnasio onde un mariñeiro, una peixeira e una bióloga explicáronnos da man duns personaxes moi curiosos chamados "arroases" moitas cousiñas sobre a pesca, a distribución e a venda de peixe.
Aquí podedes ver as fotos do que foron as distintas sesións.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
Plan Proxecta,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)