Amosando publicacións coa etiqueta 2019-20 Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2019-20 Saídas. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de febreiro de 2020

NANA PARA UN SOLDADO. 3º e 4º de primaria

O martes 11 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria tivo unha saída ao Teatro Fundación Abanca, para ser espectadores da obra teatral, "Nana para un soldado", ofertada polo Concello de Vigo. 
A obra relátanos o encontro entre dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar de lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno. 
Este espectáculo fixo reflexionar aos nenos sobre o que é a guerra, o absurdo das mesmas, e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse. 

domingo, 2 de febreiro de 2020

FROITA NA ESCOLA

Un ano máis seguimos a traballar en prol da saúde e os bos hábitos alimenticios desde a nosa escola estudando e comprobando cos nosos alumnos o valor da froita na nosa dieta diaria. Así, dentro do Plan Proxecta, estes días repartíronse varios tipos de froitas nos recreos entre os nenos, compartindo uns intres moi saudables e coñecendo un pouquiño mellor os beneficios destes marabillosos alimentos.


venres, 31 de xaneiro de 2020

Alice in Wonderland

Os nenos de 5º e 6º tivemos unha saída ao teatro Afundación para ver unha obra en inglés titulada Alice in Wonderland. Foi moi interesante, divertida e tamén interactiva xa que a nosa participación foi importante. Previamente preparamos na clase o argumento da obra e o vocabulario e as novas expresións.



xoves, 30 de xaneiro de 2020

MUSEO DO MAR: A NAVEGACIÓN 4º PRIMARIA

O martes 28 de xaneiro, 4º de primaria adentrouse no campo da "Navegación", dentro das saídas ofertadas polo Museo de Mar de Vigo. 
Percorreron a historia das embarcacións, dende as primeiras canoas impulsadas por remos, tan coñecidas para nós por traballar aos indíxenas do Amazonas, ata os barcos impulsados por motor. 
Aprenderon a utilizar a "agulla de marear", utilizada antigamente para orientarse en medio do mar, así coma outros instrumentos útiles na navegación como, por exemplo, un cuadrante que realizaron eles mesmos na sala de actividades.
Esta saída serviulles para acercalos ao noso PDI, e coñecer un pouco máis a expedición de Magallanes, da que cada vez imos coñecendo máis detalles.


martes, 28 de xaneiro de 2020

1º e 6ºB VISITAMOS O MUSEO MUNICIPAL QUIÑONES DE LEÓN.

O 18 de decembro os nenos e nenas de 1º e 6ºB  fomos coñecer o museo municipal de Vigo no Pazo Quiñones de León.
Nesta ocasión, e acompañados dunha "pantasma": A Marquesa de Valadares,  aprendemos unha chea de cousiñas da historia de Vigo, desfrutamos do emblemático edificio e das obras de arte tan valiosas que agocha no seu interior.
Finalmente, como estivemos atentísimos todo o tempo que durou a visita, tamén houbo tempo para o xogo e puidemos percorrer un retrinquiño os seus máxicos xardíns xunto cos nosos compañeiros.
Foi unha experiencia moi bonita e moi enriquecedora para todos, así que se non o coñecedes, xa sabedes, non dubidedes e achegádevos da man dos vosos cativos que de seguro vos contarán unha chea de anécdotas. 

sábado, 21 de decembro de 2019

SAÍDA 4º SALINAE

O martes 17 de decembro, os alumnos de 4º de primaria visitamos Salinae, a primeira salina romana de evaporación solar, que foi conservada e musealizada do Imperio Romano.
Aprendemos cómo é o proceso de obtención da sal, un ben moi preciado para os romanos, e as múltiples utilidades que lle damos aínda hoxe grazas a eles, como a conservación dos alimentos e potenciación do seu sabor, a preparación de peles...
Para finalizar a visita participamos no obradoiro, "Sabores de Roma", no que con axuda de Sabela e Izan, descubrimos a cantidade de especias que utilizaban os romanos para cociñar, e prepararon un mollo para untar no pan. 
Tedes a receita nas fotos, así que animádevos a facela na casa e sentirvos como auténticos romanos!! 

 

luns, 18 de novembro de 2019

TEATRO EN AFUNDACIÓN


O venres, día 15, os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos unha saída ao teatro Afundación para ver unha obra moi interesante que mesturaba a danza, a imaxinación e o medio ambiente co fin de concienciarnos sobre os devastadores efectos do cambio climático no noso planeta. A importancia da interacción entre o home e a natureza serán fundamentais para intentar parar o desastre...