Amosando publicacións coa etiqueta contratos programa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contratos programa. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de maio de 2026

FACENDO APRENDO

 E así, case sen decatarnos, estamos chegando ao final… Este último venres de maio na clase de 1º os xogos volveron ser os protagonistas da nosa aprendizaxe: estradas e coches para ordenar, labirintos que seguir, e unha tenda onde poñer a proba o noso manexo do diñeiro… Queriamos compralo todo, pero non sempre era doado atopar a cantidade xusta para pagar…






martes, 19 de maio de 2026

Ímonos ao instituto!

                O día 19 de maio visitamos o que vai ser o noso centro de estudos o próximo curso.  Da man dunha profe e de antigas alumnas do cole recorremos as instalacións:  biblioteca, salón de actos, laboratorios, aula de música, aula de tecnoloxía, pavillón e tamén a cafetería.

               Para finalizar, invitáronnos a merendar e voltamos ao colexio.  

               Foi unha mañá moi emocionante!! 

 




 

xoves, 11 de maio de 2023

FAI CLIC NO TEU BOCATA 2ª parte

 Tamén os nenos de infantil 1º, 5º e 6º en outras quendas xogamos e aprendemos como  as conservas e os vexetais axudan á nosa saúde e puidemos comer riquísimos bocadillos cos ingredientes que escollemos.




domingo, 19 de febreiro de 2023

O VÍDEO DO ENTROIDO

 As familias que non puidestes acompañarnos xa podedes ver unha crónica da festa de entroido neste vídeo. Foron moitos días de preparativos para recuperar unha tradición que sufriu un parón obrigado por mor da pandemia. Pero,...xa estamos de volta!


Tamén gravamos pequenos vídeos nos que podedes vernos desfilar e bailar.

DESFILANDO



A BAILAR




luns, 25 de abril de 2022

VISITA DE 5º E 6ºPRIMARIA AO REAL MOSTEIRO DE OIA

  O 22 de abril tivemos a primeira saída conxunta de 5º e 6º para coñecer o Real Mosteiro de Sta María de Oia. 

Fixemos un percorrido polos exteriores e o interior do mosteiro que empezou a restaurarse polos anos 80 e segue con moitas zonas en ruínas.

O Mosteiro de Sta Mª de Oia non deixou de evolucionar dende 1132, no século XII, ata os nosos días. Trátase dun dous poucos exemplos de abadía xunto ao mar en Galicia, expostos a piratas e corsarios que devastaron as costas galegas durante varios séculos.

A súa singular situación, foi testemuño directo dos temporais do Atlántico e do tránsito de navegantes por diante da súa costa.

En 1624, despois dunha famosa loita contra piratas e bereberes, os monxes do mosteiro gañaron a batalla e Felipe IV concedéulles o título de Real e Imperial Mosteiro de Oia.

Tamén nos contaron como era a vida dos monxes dentro do mosteiro e o máis divertido  foi ver un rabaño de cabras e cabritiños comendo herba polo exterior. 



venres, 22 de abril de 2022

SAÍDA Á FUNDACIÓN SALES

 O mércores, día 20 de abril, os nenos e nenas do cole fixemos unha saída á Fundación Sales. Alí explicáronnos a historia do seu fundador: D. Francisco de Sales, un home amante das plantas ao que lle encantaba viaxar. Era tal o seu amor pola botánica que se converteu en paisaxista, facendo incríbles traballos por todo o mundo; a súa propia casa foi un exemplo da fusión das súas dúas grandes paixóns: as viaxes e a botánica. Pouco a pouco empezou a encher o seu xardín de plantas exóticas traídas de moitas partes do mundo, que mesturadas con outras autóctonas fixeron da súa finca un auténtico espectáculo capaz de trasladarmos a calquera parte do mundo: Xapón, América, Australia...

Paga a pena coñecer este fermoso lugar cheo de beleza, paz e tranquilidade.



mércores, 9 de xuño de 2021

CIENCIA EN MOVEMENTO 4º

 Un día máis a ciencia entrou na nosa aula, esta vez da man de científicos da Universidade de Vigo cos que fixemos un obradoiro de experimentos con auga. O primeiro deles mesturou auga, lume e un globo... e así observamos como a auga absorbe a calor! Para o seguinte necesitamos filtros de café, auga e tinta negra. Foi incrible poder ver como se separaban as cores do negro pola acción da auga arrastrando as diferentes partículas (cromatografía). A continuación comprobamos como a pel, o metal e a auga son condutores da electricidade, e tamén entendimos que os materiais que teñen o mesmo índice de refracción poden enganar aos nosos ollos, parece maxia... non si? Comprobamos tamén como pode cambiar a densidade da auga se botamos sal nela, e ata chegamos a entender como funciona un submarino aplicando o principio de Arquímedes, si si, Arquímedes, ese home extraordinario que xa coñecemos hai algún tempo... En fin, sempre é un pracer recibir visitas que nos axuden a entender un pouquiño mellor como funciona este marabilloso mundo no que vivimos.




xoves, 17 de outubro de 2019

ÁRBORES DE NOSO PARA COMEZAR O TRABALLO

Un freixo e un bidueiro veñen  de chegar ao noso cole da man da Comunidade de Montes de Santo André. Son dúas árbores máis na nosa familia que van servir para lembrarnos a todos os terribles lumes do 2017. Son dúas esperanzas máis neste camiño de recuperación da paisaxe. Dúas árbores caracteristicas de Galicia que sempre se usaron para axudar nos labores tradicionais e que sempre medran preto das zonas húmidas como a nosa.
Os nenos de infantil e Primaria acompañaron a Alexandra de 2º, Guille DE 5º e mailo seu avó nunha plantación que quería simbolizar  ao traballo man con man de varias xeracións de coidado do noso.
Agora nós temos o deber de continuar co que os nosos devanceiros comezaron hai moito tempo, o coidado responsable e sostible da nosa terra.




martes, 18 de xuño de 2019

SEMANA DA CIENCIA II

     Os alumnos de 5º tamén tivemos a nosa xornada de ciencia.  Foi o día 14, mércores.  Aproveitando os 50 anos da chegada á lúa fixemos a nosa particular viaxe espacial e completamos a nosa información persoal arredor de tan grande acontecemento.  Sen dúbida asombrounos como una nave tan grande foi perdendo pouco a pouco algunhas das súas partes ata quedar nun tamaño moi reducido.  Foi moi especial e moi espacial:  xa nos gustaría ter feito esa viaxe na realidade!

sábado, 15 de xuño de 2019

PATIOS INCLUSIVOS

Dentro do noso programa de patios inclusivos fixemos novas actividades nas que todos podiamos participar. Ademais de actividades deportivas nos recreos, como o fútbol, o baloncesto e o brilé, tamén tiñamos outras alternativas como a bibliopatio sempre que fixera bo tempo, xogos de mesa no patio de herba, lectura e ordenadores na biblioteca... Ademáis, a mestra Elena fixo un proxecto para ensinarnos a facer gancho, e nunca mellor dito, enganchounos moito. Fixemos flores para colocar na aramiada co motivo do noso 50 aniversario. Xa coa primavera, comenzou a nosa labor de coidar o xardín e plantar nas macetas flores, lavanda, tomillo, ourego. Tiñamos que regalas no recreo e falarlle un pouquiño para que crecerán con máis agarimo. No patio de Infantil melloramos as instalacións e tiveron novos xogos como: unha balanza no areeiro, unha cociña con todos os cacharriños, unha casiña de madeira, e material de areeiro (carretillas, pás, cubos, moldes...). Tamén pintamos o patio cuberto e puxemos redes novas nas canastas. Todos e todas xogan. Que ben o pasamos!!!

xoves, 8 de marzo de 2018

VISITOUNOS O CELTA FEMININO DE BALONCESTO

OS NENOS E NENAS DE 4º XOGAMOS AO BALONCESTO CO CELTA FEMININO

Os nenos e nenas de 4º recibimos a xogadoras e adestradores do Celta Feminino de Baloncesto. Contáronnos como adestran, cantas horas, como empezaron a practicar este deporte...
Despois tamén fixemos un pouco de adestramento con elas e unha morea de xogos. Pero unha das cousas máis importantes que aprendimos con eles foi que é moi importante a práctica do deporte, pero sempre adicándolle o seu tempo ao estudo. As dúas cousas teñen que ir unidas.