Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2026

EXPOLIBRO

Celebramos a semana do libro,  con gran afluencia de público da comunidade escolar, na nosa biblioteca. Moitas grazas a editoriais como Xerais, Kalandraka, Consorcio Editorial, Vicens, Edelvives, Oqo e Cuarto de inverno que nos prestaron os seus exemplares en galego , así puidemos disfrutar deles . Fermosos libros en galego  que agachan historias máxicas e divertidas.

Sorteamos tres lotes de libros, algúns deles son agasallo das editoras e outros mercados polo centro.

Esta actividade tivo moi boa acollida. Grazas a todos por tanta ilusión.



xoves, 24 de abril de 2025

VISITA DE MARÍA CANOSA

Formando parte das actividades da semana do libro na nosa escola hoxe os alumnos de 3º e 4º recibimos a visita da escritora María Canosa, autora de “Escola de bruxas”, historia que limos nas nosas clases durante estas últimas semanas e coa que gozamos e aprendimos dun xeito moi especial. 

María falounos das súas motivacións para escribir esta historia, así como dos valores que ela quería transmitir coa súa lectura: o valor da amizade, do esforzo, da familia… Toda unha lección de vida que nós agradecemos moitísimo e que nos anima a seguir lendo para encher as nosas vidas de aventuras e soños.

Mil grazas a todas as persoas que escriben e espertan a nosa imaxinación para transportarnos a mundos descoñecidos e enriquecer así as nosas vidas. Grazas María!