Aproveitando o noso PDI “Como chove miudiño. A ciencia tralos meteoros”, en 5º fixemos un estudo do tempo no mes de febreiro. Temos que agradecer a colaboración do pai da nosa alumna Claudia: na súa casa ten unha estación meteorolóxica comunicada cunha páxina en internet. Nós recollemos eses datos e fixemos o seguinte traballo con eles.
En primeiro lugar elaboramos unha táboa de datos. Hai que ter en conta que os datos estaban en unidades inglesas e tivemos que pasalos ás unidades de medida que manexamos nós. Para elo utilizamos as calculadoras para facer as conversións de datos todas as mañás cando abrimos a páxina web para ver as medicións do día anterior.
Aproveitamos estes datos para estudar o tratamento da información: medias, medianas, modas, rangos,... e elaborar gráficas de barras e liñas.
Aquí tedes unha mostra gráfica do noso traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario