Páxinas

mércores, 4 de xuño de 2025

Meteoroloxía en febreiro


 

     Aproveitando o noso PDI “Como chove miudiño.  A ciencia tralos meteoros”, en 5º fixemos un estudo do tempo no mes de febreiro.  Temos que agradecer a colaboración do pai da nosa alumna Claudia:  na súa casa ten unha estación meteorolóxica comunicada cunha páxina en internet.  Nós recollemos eses datos e fixemos o seguinte traballo con eles.

     En primeiro lugar elaboramos unha táboa de datos.  Hai que ter en conta que os datos estaban en unidades inglesas e tivemos que pasalos ás unidades de medida que manexamos nós.  Para elo utilizamos as calculadoras para facer as conversións de datos todas as mañás cando abrimos a páxina web para ver as medicións do día anterior.

     Aproveitamos estes datos para estudar o tratamento da información:  medias, medianas, modas, rangos,...  e elaborar gráficas de barras e liñas.

     Aquí tedes unha mostra gráfica do noso traballo.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario