O día 15 de febreiro visitounos unha pandereteira. Ensinounos varios instrumentos de percusión dos que sabía moito e manexábaos moi ben. Lanzouse a amosarnos o seu manexo e incluso cantou, coa axuda dalgún compañeiro. Aprendemos diferentes tipos de instrumentos, de que están feitos, como se tocan segundo a zona de onde proceden... En resumo, aprendemos algo da música tradicional e dos instrumentos que usaban os nosos avós.
Amosando publicacións coa etiqueta tradición oral b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición oral b>. Amosar todas as publicacións
venres, 16 de febreiro de 2018
ACTIVIDADE DE MÚSICA TRADICIONAL
OS ALUMNOS DE 4º TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE MUSICAL
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
Charla educativa,
Entroido,
tradición oral
martes, 14 de novembro de 2017
MAGOSTO 2017
E chegou o venres, o día antes do San Martiño, así que no Párroco tamén botamos trompos ao camiño.
Como tiñamos ganas de voltar a xuntarnos pequenos e maiores como fixeramos nas lecturas compartidas do Samaín, quedamos moi ledos ao decatarnos de que desta volta compartiriamos xogos populares.
Como tiñamos ganas de voltar a xuntarnos pequenos e maiores como fixeramos nas lecturas compartidas do Samaín, quedamos moi ledos ao decatarnos de que desta volta compartiriamos xogos populares.
Así que todos ao tempo pero en distintos espazos xogamos a estes xogos:
· 6º E 2º DE PRIMARIA (no campo de futbol): Saltamos á comba e xogamos ao paracaídas.
· 4º A E INFANTIL DE 3 ANOS (no Ximnasio): Xogamos ao come castañas e a soplar follas.
· 5º E 1º DE PRIMARIA (no campo de fútbol): Xogamos ao pano, e ao tiro ao paraugas.
· 3º E INFANTIL DE 5 ANOS (no patio de diante): Fixemos o xogo dos aros, e o de recollida de mazorcas.
· 4º B E INFANTIL DE 4 ANOS (no patio cuberto): Transportamos saquiños na cabeza, e xogamos ao ferrón.
Logo de tanta actividade chegou o momento de probar as castañas que trouxeramos estes días dende as nosas casas e que tan ben prepararon a nosa dire Pili e Sol. Moitas grazas, estaban ben saborosas!.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
magosto,
tics,
tradición oral
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)