luns, 1 de decembro de 2025

CONSTRUÍNDO RELACIÓNS SAUDABLES: 6º DE PRIMARIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade de reflexión e traballo en equipo centrada na importancia de construír relacións sas e respectuosas.

Organizados en grupos, os alumnos e alumnas dialogaron sobre valores como o respecto, a empatía, a confianza e a igualdade. A partir das súas ideas e experiencias, elaboraron un “Decálogo da amizade saudable”, composto por dez consellos fundamentais para manter relacións positivas e libres de violencia.




Con esta actividade, o alumnado non só traballou a expresión oral e escrita, senón tamén habilidades sociais e emocionais esenciais para a convivencia diaria. Ademais, aprenderon que pequenos xestos como escoitar, respectar as opinións dos demais ou axudar a quen o precisa son claves para crear un ambiente máis seguro e amable para todos e todas.





Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado!





Ningún comentario:

Publicar un comentario