Páxinas

xoves, 6 de novembro de 2025

PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS - SOMOS NÓS MESMOS, FORTES E ÚNICOS

O alumnado de 4º terminamos onte as nosas sesións con Rocío, coa que compartimos 4 obradoiros sobre prevención de adiccións. Ela compartiu con nós algunhas FERRAMENTAS para poder tomar decisións que nos fagan sentir ben e que sexan boas para nós.

Nun primeiro obradoiro, tras unha choiva de ideas sobre o que é unha adicción e aclarar este concepto con cousas que xa sabiamos, centrámonos en intentar ser como somos, evitando que os demais teñan unha gran influencia ou poidan forzarnos a que fagamos cousas que non queremos.

Rocío púxonos o conto de "YO SOY" que compartimos con vós, pois ademais de gustarnos pensamos que é moi interesante. Fixemos un coloquio e reflexionamos sobre as etiquetas coas que cargamos cada un de nós.

Yo soy – Cuentos Que Contar

No segundo obradoiro, descubrimos que é imprescindible comunicar o que pensamos e sentimos e tamén sobre dicir NON, pero non vale de calquera maneira. Temos que falar en calma de forma ASERTIVA. Estivemos facendo uns xogos de rol para poñer isto en práctica. Na terceira sesión continuamos a practicar a comunicación facendo uns murais EN EQUIPO.

Para pechar estes obradoiros, na cuarta sesión elaboramos cadanseu diario sobre o que somos, o que valoramos en nós, polo que estamos orgullosos e que podemos mellorar ou cambiar

Traballar a autoestima, quererse e valorarse, é fundamental para ser e para tomar boas decisións, que nos fagan sentir cómodos.


Grazas a Rocío pola súa cercanía e as súas palabras máxicas para mellorar a convivencia e o respecto neste mundo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario