Páxinas

xoves, 6 de novembro de 2025

MERGULLÁMONOS NOS NOSOS FONDOS MARIÑOS!

O alumnado de 3º e de 4º tivemos a sorte de participar nuns obradoiros sobre "Os fondos mariños do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia" impartido por Miudiño.


Foron dúas sesións nas que puidemos mergullarnos nas augas dos parques e descubrir a vida que alí vive. 

O primeiro día, Diego contounos o conto "Os nosos Mares" dunha maneira moi creativa e divertida. Aprendemos os diferentes tipos de fondos mariños que hai e os animais e plantas que alí están. Pero, ademais, rimos moito coas sorpresas que ían aparecendo... ata houbo alumnos que se convertiron en corvos mariños e gaivotas!

Ademais, tivemos un tempo de xogo no que intentamos facer os crebacabezas dos fondos mariños e outros xogos de madeira moi chulos.


O segundo día, conectámonos ao canal de 13 grados  e acompañamos a nosa experta nos seus mergullos atopándonos con polbos, estrelas de mar, cangrexos, algas, raias e moitas cousas máis!



Aquí podedes vernos nos obradoiros, pero non perdades a oportunidade de ver os vídeos de 12 grados para descubrir a vida que transcorre baixo o mar e as súas curiosidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario