Durante este trimestre
traballamos a resolución pacífica e positiva de conflitos na aula do alumnado
de 6ºP. Empregamos os seguintes materiais:
- Dossier coa teoría de resolución de conflitos e coas fichas das actividades (O círculo da paz, Historias de conflitos, O semáforo das emocións, O club dos mediadores/as e a solucaixa).
- Fichas de situacións de conflito.
- Tarxetas coas estratexias de resolución de conflitos.
- O semáforo das emocións.
- Tarxetas cun rol (mediador/a, persoa A e persoa B).
- A caixa dos problemas e solucións.
A continuación podedes ver unha mostra gráfica da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario