Saír do cole sempre entusiasma, pero resulta aínda máis especial se é unha viaxe ó pasado!
Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de primaria vistamos o Xacemento Arqueolóxico Municipal Vila Romana de Toralla. Un testigo único que nos explica e mostra a vida que houbo arredor da Ría de Vigo.
Aprendemos moitas cousas coa axuda do noso guía Sebastián, coñecemento que fará que o estudo da historia e da Época Romana sexa moito máis ameno, pois puidemos entrar nunha Vila Romana, ver cos nosos propios ollos as termas, o sistema de calefacción que tiñan... É incrible poder corroborar a información dos nosos libros tan pretiño. Sen dúbida, cantas cousas ofrece a nosa contorna!
Nos deixedes de ver o noso vídeo resumo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario