Hoxe na escola os nenos e nenas de 3º tivemos a oportunidade de converternos por uns intres en científicos e científicas, experimentando técnicas de laboratorio da man de expertos no tema que nos acercaron a algunhas das grandes mulleres da ciencia.
Practicamos técnicas de cromatografía, entendimos o que significa a presión atmosférica, e mesmo fomos testemuñas das propiedades da auga, o alcol e o lume cando os nosos expertos prenderon un billete... Incrible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario