Logo de traballar eses días arredor da temática da Paz nas aulas e de deixar a nosa pegada no mural. O venres 29 de xaneiro xuntámonos todos no ximnasio do colexio para adicarlles aos nenos do mundo un chisco de esperanza e ánimo cos arrolos que lles cantamos, as composicións que tocamos coas frautas, os poemas que recitamos e ata coa animada canción cantada por todos en inglés.
Aquí tendes unha mostra do que foi ese fermoso día.
Fermosas imaxes... Feliz Día da Paz!
ResponderEliminar